Ficha de ayuda

Inicio / Buscar ayudas / Ficha de ayuda
Logo

1ºCONTRATO - FOMENTO DA EMPREGABILIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA: O TEU PRIMEIRO EMPREGO

Ayudas para Empleo
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Pontevedra 14-04-2021

Incentivar a inserción laboral de titulados universitarios e FP superiores na provincia de Pontevedra a través de contratos en prácticas.

Objeto

Adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitar a inserción no mercado laboral.
 
Esta axuda desenvólvese en dúas fases:
   1ª Selección das entidades colaboradoras e determinación das titulacións dos postos de traballo que se van necesitar.
   2ª Selección das persoas beneficiarias das contratacións en prácticas.
 

Beneficiarios

PEMEs e microempresas con  domicilio fiscal en calquera concello da provincia de Pontevedra.
 
Priorizando os sectores de Bares e Restauración, Hostalería, Aloxamento, Axencias de Viaxes e actividades análogas, Vinotecas e bodegas e Comercio minorista (agasallos, recordos e artesanía), ou calquera outra que se estime segundo a evolución da pandemia.

Actividades financiadas

130 postos de traballo na modalidade de prácticas para persoas tituladas universitarias e de formación profesional de ciclos superiores que:
   a) Estean en posesión dun título universitario ou de formación profesional de grao superior ou de títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, de acordo coas leis reguladoras do sistema educativo vixente, que habiliten para o exercicio profesional
   b) No momento da contratación non transcorresen máis de 5 anos, ou máis de 7 cando o contrato se realice cunha persoa con discapacidade, desde a terminación dos correspondentes estudos.
   c) Non ter experiencia laboral previa na titulación obxecto do contrato (nos grupos de cotización 1 ou 2 para titulacións universitarias e nos grupos 3 ou 5 para ciclos superiores) ou non haber estado dada de alta como persoa autónoma en actividades relacionadas coa titulación, por un tempo superior a 6 meses ou a 184 días
   d) Non ter estado contratada en prácticas por tempo superior a 6 meses nin estar contratada en prácticas no momento da selección nalgún dos programas de "O teu primeiro emprego".

Conceptos de gastos

Custo laboral total dun contrato en prácticas por un primeiro período de 6 meses prorrogables por outros 6 meses máis, sempre que:
  1.- A duración non sexa inferior a 6 meses nin exceder os 2 anos.
   2.- O período de proba non poderá ser superior a 2 meses para as persoas traballadoras cun título de grao superior, salvo convenio colectivo.
   3.- A retribución será a fixada no convenio colectivo para as persoas traballadoras en prácticas, sen que, na súa falta, poida ser inferior ao 60% ou ao 75% durante o primeiro ou o segundo ano de vixencia do contrato, respectivamente, do salario fixado en convenio para unha persoa traballadora que ocupe o mesmo posto de traballo ou equivalente.

Tipo e intensidad de las ayudas

  • Subvención a fondo perdido

Titulación universitaria: 1.000€/mes hasta 12.000€ (mín 6 e MÁX 12 meses);FP superior: 950€/mes hasta 11.400€ (mín 6 e MÁX 12 meses).

Características

  • Fecha de publicación: 12-03-2021
  • Apertura de solicitudes: 15-03-2021
  • Cierre de solicitudes: 14-04-2021
  • cerrada
  • Régimen de solicitudes:
  • Concurrencia COMPETITIVA
  • Participación en modalidad:
  • Individual
  • Presupuesto total: 1.560.000,00 €

Normativa

  • Bases/Convocatoria:
  • BASES DO PROGRAMA DE FOMENTO DA EMPREGABILIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA “O TEU PRIMEIRO EMPREGO” NAS EMPRESAS E CORPORACIÓNS SECTORIAIS 2021

Organismo financiador

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

¿No encuentras la financiación que necesitas?

Contacta con nosotros y cuentanos cuál es tu proyecto.