Benvid@s a axudas.gal

Inicio / Coñécenos
web axudas

Financiamento ao teu alcance

Axudamos a que atopes o financiamento que precisas para impulsar os teus proxectos innovadores.

axudas.gal é unha plataforma web que integra información relevante sobre axudas e outros incentivos promovidos por administracións públicas e organismos financiadores, para incentivar e manter a actividade innovadora.

Amosamos as diferentes fontes de financiamento existentes no noso país, a nivel local, provincial, autonómico e nacional, incluíndo tamén as principais axudas da UE.

Todo elo coa asistencia técnica permanente dun grupo de expertos, co fin de que poidas coñecer o financiamento público e privada máis idónea para cada un dos teus proxectos.

Tecnoloxía e equipo

fluxo

Actualizamos diariamente a nosa base de datos a partires dos diferentes boletíns e diarios oficiais: dende o boletín do Estado, os boletíns das Comunidades Autónomas e os diarios provinciais. Tamén realizamos vixilancia doutros organismos de financiamento con axudas que se publicitan por outros medios. A toda esta información lle engadimos o noso coñecemento e análise, para ofrecer unha visión ampla e clara dos diferentes incentivos vixentes en cada territorio.

0
Liñas de axuda(e medrando)
0
Abertas
+0
Organismos xestores
+0
Ámbitos xeográficos

Información clara para que atopes a axuda que precisas

axudas.gal amosa dunha forma rápida e práctica as axudas e incentivos publicados por administracións públicas e organismos financiadores.

Recollemos incentivos en forma de subvencións, préstamos, beneficios fiscais ou avais, entre outros e ofrecemos información con tres niveis de apoio:

  • Listados das axudas ou incentivos acordes coa túa busca.
  • Ficha con características máis relevante de cada axuda.
  • Cuestionario e vías de contacto a través das que solicitar máis información.

Ofrecemos asistencia técnica para que poidas atopar a axuda ou incentivo máis axeitados as túas necesidades e capacidades.

Experiencia en financiamento

axudas.gal é unha iniciativa de INNPLICA Innovación Aplicada, onde traballamos a diario, na captación e xestión de axudas públicas para empresas de diferentes tamaños e sectores de actividade.

web innplica

En INNPLICA somos expertos en innovación real. A nosa experiencia de máis de 15 anos en consultoría, fainos estar especializados en promover e rendabilizar os desenvolvementos tecnolóxicos das organizacións, alcanzando un amplo coñecemento na procura e xestión das diferentes fontes de financiamento para apoiar as actividades de I+D+i da organización.

Facilitamos a obtención doutros incentivos, como as deducións fiscais pola realización de actividades de I+D+i ou a aplicación de bonificacións nas aportacións empresariais ás cotas da Seguridade Social por persoal investigador.

Os nosos servizos son integrais, abarcando todo o ciclo innovador dunha organización: dende a definición do negocio, a xeración de novos produtos e servizos, ata alcanzar a excelencia.Procuramos sempre impulsar a innovación, rendabilizar os seus resultados e favorecer a comercialización destes, para acadar empresas máis competivas.

Mantén o contacto

Suscríbete a nosa lista de correo e recibe información sobre as principais convocatorias de axudas públicas e outros apoios á innovación, así como novas relevantes relacionadas coa nosa actividade.