Diagnóstico das deducións por I+D+i

Inicio /Incentivos / Diagnóstico deducións I+D+i

Calcula a dedución por actividades de I+D+i

Este sinxelo formulario permitirache ter unha idea aproximada das posibles deducións fiscais xeradas ano a ano, considerando os gastos incorridos pola realización de actividades de I+D+i. É útil para empezar a planificar unha boa estratexia fiscal na organización ou para considerar o custo efectivo da execución de cada novo proxecto de I+D+i.

Paso 1: Información previa

---------

Antes de empezar...

Non queremos que dediques moito tempo a este cálculo, así que antes de empezar, vas necesitar ter a man algúns datos económicos da túa organización:

  • O importe, desagregado por proxectos e conceptos (persoal, materiais, investimentos...) dos gastos en actividades de I+D+i xa executados en 2019 e/ou previstos para anos futuros.
  • O detalle das axudas públicas recibidas para cofinanciar estes gastos. Tamén a subvención equivalente de préstamos bonificados.
  • Se non podes identificar os datos anteriores por proxecto, tenta conseguilos polo menos, por conceptos de gasto (persoal, materiais, investimentos...).
  • E se só tes unha cifra global de gastos da túa organización e subvencións nas devanditas anualidades, non te preocupes. Non seremos tan precisos, pero servirá para unha boa aproximación.
  • Se é posible, necesitamos coñecer o importe dos gastos imputados en I+D durante 2017 e 2018.

Queres saber máis?

Se desexas coñecer con maior exactitude cales son os beneficios fiscais por I+D+i aos que se pode acoller a túa organización, estariamos encantados en realizar un diagnóstico personalizado. Contacta connosco.