Beneficiarios
Personas físicas o jurídicas, o sociedades civiles, legalmente constituídas, que cumplan los siguientes requisitos:
-Que su actividad principal esté incluída en alguna de los IAEs relacionados en el Anexo I de la convocatoria.
-Que el local comercial sobre el que se realice la inversión o gasto se encuentre en el municipio de Ribeira.
Actividades financiadas
Liña A# Investimentos para a adecuación dos locais.
Liña B# Gastos de comunicación, realizada en lingua galega.
Liña C# Gastos na adecuación dos negocios e en servizos profesionais relacionados coa innovación ou coa recuperación económica necesaria por mor da COVID-19.
As 3 liñas son compatibles entre sí.
Conceptos de gastos
Liña A#
a) Obras de reforma e/ou ampliación do local ocupado pola empresa.
b) Mellora de illamentos, equipamentos e instalacións.
c) Substitución de ventás, portas ou outros elementos de peche, adquisición/substitución de mobiliario e elementos de decoración, luminarias, intervencións en fachadas e instalación/substitución de letreiros e rótulos comerciais.
d) Maquinaria e bens de equipo, incluídos os informáticos, relacionados coa actividade produtiva da empresa.
e) Periféricos e outros compoñentes (lectores de códigos de barras, caixóns portamoedas, impresoras de tíckets etc.).
f) TPV integrados.
g) Paquetes de software de xestión, organización ou comercialización empresarial e licenzas precisas para a realización da actividade da empresa.
Liña B#
a) Honorarios profesionais para o deseño ou actualización da imaxe corporativa, do seu desenvolvemento, aplicación.
b) Honorarios profesionais para o deseño, redacción, programación ou xestión de calquera material comunicativo, físico ou virtual.
c) Gastos relativos á produción e reprodución de materiais comunicativos, tanto en formato físico como virtual.
d) Gastos de produción e organización de eventos comunicativos ou promocionais.
Liña C#
a) Honorarios profesionais para o deseño de escaparates e servizos de mercadotecnica visual ou imaxe de marca (exclusivamente en idioma diferente o galego por estar subvencionado no apartado a) da liña B).
b) Gastos de adquisición de hosting e TPVs virtuais.